As explotacións leiteiras de Lugo promoven un Grupo lácteo galego

As explotacións leiteiras de Lugo promoven un Grupo lácteo galego

Así o acordaron en asemblea máis de 400 persoas convocadas por Agromuralla. Pularán por unha entidade "propiedade dos gandeiros" que recolla e transforme o leite producido en Galiza.


Reunidas en asemblea máis de 400 explotacións de leite, a práctica totalidade da provincia de Lugo, @s [email protected] acordaron comezar a construír un grupo lácteo que recolla e transforme o leite producido por todas elas, segundo recolle o xornal dixital Campo Galego

“Dende Agromuralla queremos facer algo serio para o sector, que sexa para os gandeiros e quen o manexe sexan os propios gandeiros”, asegurou o voceiro do colectivo Agromuralla, que abrangue a produción luguesa. “Chegou a hora de facer algo máis que ter os tractores na Muralla ou levalos á industria a protestar”, acrecentou. 

A decisión adoptada pola asemblea visa que este grupo lácteo galego no que levan a traballar desde hai semanas, afirmaron, abranga todas as explotacións que decidan asociarse a el e que estas non se limiten a Galiza senón que abranga tamén outras da cornixa cantábrica. Neste senso, informaron das xuntanzas que manterán representantes de Agromuralla con [email protected] [email protected] de Asturies, Castela e León ou Cantabria. 

“Chegou a hora de facer algo máis que ter os tractores na Muralla ou levalos á industria a protestar”

“Se nos organizamos e somos serios podemos conseguilo, pero vai haber moitos obstáculos no camiño”, dixo López. Para comezar, conseguir os 1.000 socios e 200.000 toneladas de leite que se requiren legalmente para a constitución dunha Organización de Produtores Lácteos (OPL). Neste senso, defenden que se constrúa "de abaixo para arriba" e sexa "propiedade dos gandeiros". 

Críticas

Así as cousas, as críticas pairan sobre Agromuralla desde a súa constitución. O colectivo xermolou após a expulsión das organizacións agrarias da tractorada do mes de setembro. O seu líder, Roberto López, aseguran diversas fontes, é afiliado do Partido Popular e mantén contactos directos coa Consellaría de Medio Rural. Aliás, coidan que podería tratarse dunha estratexia para relanzar Xóvenes Agricultores. 

Medio Rural comprometeuse coa Plataforma a mediar para que a industria suba os prezos

O propio López referiuse a estas acusacións durante a asemblea, como recolle Campo Galego. “A única arma que se utiliza contra Agromuralla é que eu son do PP e que queremos refundar Xóvenes Agricultores”. 

Porén, criticou a xestión política do executivo galego e amosou vontade de diálogo coa Plataforma en defensa do sector lácteo, coa que Agromuralla non pose relación até o punto de non apoiar os bloqueos á distribución e á industria que tiveron lugar en setembro e decembro. Coa plataforma, dixo, están dispostos a falar "para lograr a unidade dos gandeiros". 

Pola súa banda, a plataforma mantivo máis unha reunión coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen se comprometeu a mediar para que se produza un incremento dos prezos por parte da industria e a convocar o Consello Agrario en febreiro.