Falece un dos traballadores feridos ao caer un andamio na Coruña

Falece un dos traballadores feridos ao caer un andamio na Coruña
Bombeiros e persoal sanitario xunto aos restos do andamio.
Bombeiros e persoal sanitario xunto aos restos do andamio.  

Un dos dous traballadores feridos graves ao caer esta tarde un andamio en Novo Mesoiro, na Coruña, faleceu no o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). O outro ferido grave, de 33 anos, permanece ingresado na UCI. Despois do incidente, a Policía Local informou de que había catro traballadores subidos ao andamio e que quedaron "atrapados" na caída.

O incidente, que se produciu a altura do número 14 de Novo Mesoiro, alertou aos veciños que avisaron ao 112. Até o lugar desprazáronse dúas dotacións de bombeiros, persoal sanitario e a Policía Local que cortou o tráfico na zona, afectando a liña 21 do bus urbano.

Segundo a veciñanza, a caída do andamio tamén provocou un escape de gas que esixiu máis precaucións nos labores de rescate dos feridos.