"Sentímonos enganados": fechamento do comité de Alcoa da Coruña na delegación do goberno

"Sentímonos enganados": fechamento do comité de Alcoa da Coruña na delegación do goberno

Considera que o goberno español “desatende” os compromisos adquiridos.


Integrantes do comité de empresa de Alcoa na factoría da Coruña fecháronse na Delegación do Goberno español. O presidente do Comité, Juan Carlos Corbacho, explicou que este feche quer instar o executivo central a que adopte as medidas necesarias para garantir os empregos na fábrica.

“Ante os incumprimentos do goberno e das administracións autonómicas decidimos fecharnos”, indicou, engadindo que este  fechamento ten carácter indefinido “até que non se acometan as garantías e avais suficientes” para que o proxecto que hai para comprar esta factoría sexa “de futuro” e garanta os postos de traballo."Sentimonos enganados", dixo. 

Corbacho tamén fixo un chamamento á mobilización para apoiar as demanadas dos traballadores e traballadoras. Ás portas da Delegación, traballadores e traballadoras de Alcoa están concentrados en apoio os seus compañeiros pechados, e para esixir a aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo que o Goberno se comprometera a ter listo antes das eleccións xerais.