Unha feira de emprego con 72 postos de traballo para máis de 263.000 [email protected]

Unha feira de emprego con 72 postos de traballo para máis de 263.000 [email protected]
Empregalia 2013
Empregalia 2013  

A CIG convoca unha concentración para denunciar o “carácter fraudulento e propagandístico” da Feira do Emprego de Galiza, Empregalia. Anuncian 72 postos de traballo. 


72 postos de traballo para máis de 263.000 persoas no desemprego. Esta é a oferta da Feira do Emprego da Galiza, Empregalia, que se desenvolve en Vigo. A CIG convoca unha concentración para denunciar o seu carácter “fraudulento e propagandístico por parte das institucións”. A mobilización terá lugar na Estación Marítima de Vigo ás 10 da mañá desta sexta feira. 

Define a CIG Empregalia como “un proxecto nacido desde unha fundación ligada ao PP e que utiliza a necesidade das persoas de procurar un traballo para promocionar e subvencionar 33 empresas, que en moitos casos, son coñecidas pola precariedade nos postos de traballo e as numerosas irregularidades laborais”. 

Para a central nacionalista resulta “insultante” que a Xunta e a Deputación de Pontevedra subsidien este “evento propagandístico”. Na pasada edición, Empregalia xuntou fileiras inmensas de persoas que agardaron horas para optar a un pequeno número de contratos, maiormente xestionados por ETT´s. “As organizadoras do evento, as empresas participantes, Xunta e Deputación xogan coas nosas necesidades e venden fume no lugar de crear medidas reais de creación de emprego digno”, denuncian desde a CIG. .

A concentración convócase cos lemas “nin esmolas, nin propaganda”, “nin emigración, nin precariedade”, “traballo digno na nosa terra!”.



x