Fruga exixe a demisión de Rosa Quintana pola súa xestión da crise do leite

Fruga exixe a demisión de Rosa Quintana pola súa xestión da crise do leite
[Imaxe Xunta]
[Imaxe Xunta]  

Defenden a saída da conselleira de Medio Rural e Mar após o encontro con axentes do sector a pasada semana. É, din, "o mellor que pode facer".


A Federación Rural Galega (Fruga) reclamou esta segunda feira (13 de xullo) a demisión da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, logo do encontro que mantivo con representantes do sector lácteo. 

Nunha xuntanza na que estiveron presentes tres organizacións sindicais (ASAJA, Unións Agrarias e o SLG), representantes das distribuidoras Carrefour, Gadisa, DIA e Eroski e unha única central de recollida, Leite Río, o goberno galego achegou cifras oficiais a respeito da realidade que atinxe o sector. Neste senso, por volta de 2.571 explotacións están a percibir a día de hoxe na Galiza prezos inferiores a 0,26 céntimos e arredor de 541, menos de 0,20€. 

Perante este panorama --unha xuntanza na que a máxima responsábel política resultou incapaz que congregar ao conxunto de axentes implicados-- desde a Fruga demandan a saída de Quintana. É "o mellor que pode facer", afirmaron ao tempo que denuncian teren sido excluí[email protected] da xornada de traballo. "Nunha situación de máxima gravidade para este séctor tódalas organizacións deben ser participes do dialogo que se poida abrir coa administración", apuntan. 

Pola súa banda, ASAJA, Unións Agrarias e SLG amosaron a súa "preocupación" polo "plantón" da industria. "É algo sen precedentes", sinalou após o encontro Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias quen dixo agardar polas "consecuencias" no que definiu como un "pulso" á Administración. 

A conselleira defende a industria

"Que a conselleira sexa incapaz de xuntar nunha mesa as principais centrais que recollen leite neste país, demostra unha absoluta nulidade na súa acción de goberno, polo que o dano que esta conselleira lle está a facer ao sector lácteo galego é irreparable", denuncian desde a Fruga. 

Rosa Quintana sobre a ausencia das industrias lácteas: "tiñan medo a calquera repercusión que poida traerlles unha xuntanza mal entendida"

Porén, para a conselleira de Medio Rural atribuíu a ausencia da industria  a que "após a última denuncia do tribunal de Competencia" teñen "medo a sentar" e subliñou que estas empresas "teñen seus órgaos para falar". Aliás, escusou @s representantes afirmando que "tiñan medo a calquera repercusión que poida traerlles unha xuntanza mal entendida e que poida suporlles unha denuncia perante" Competencia. "Ás veces, como se transmiten as novas non é o mellor de todo, dicir que os gandeiros están con problemas é dicir unha verdade", mais non toda, entrende Quintana. 

A máxima responsábel política de Medio Rural posicionábase así acarón dunha industria láctea que, para alén de terse demostrado o seu proceder ilegal durante máis dunha década, está a pór en xaque o mantemento dun sector estratéxico para o país. 

As organizacións sindicais con representación na xuntanza reiteraron as súas demandas "inmediatas": o incremento de prezos até o de agora "ruinosos", a recollida de leite en todas as explotacións e un marco de mediación que impida ás insdustrias impór unilateralmente os prezos en orixe, mais nese senso o goberno galego non quixo avanzar. 

Así pois, explotacións, organizacións sindicais, OLP's e cooperativas manteñen convocada a mobilización do 17 de xullo en Compostela. Unha marcha para a que algúns gobernos locais están a disponibilizar autocarros.