Galiza, un dos territorios do Estado onde máis descende o paro rexistrado

Galiza, un dos territorios do Estado onde máis descende o paro rexistrado

Baixou en xullo en 4.328 persoas, un descenso que se deu en todos os sectores. Asináronse máis de 121.000 contratos.


O paro rexistrado descendeu en xullo en 4.328 persoas, situándose o número de desempregados e desempregadas inscritos nas oficinas da SEPE en 150.921. É un desecenso de 2,79%, sensibelmente superior da rexistrada de media no Estado nese mes, que foi de 0,14%.

Un total de 121.098 contratos foron rexistrados en xullo, dos cales máis de 113.000 foron temporais. O emprego que se creou é, pois, eventual e estacional.

No que respecta ás afiliacións á Seguridade Social, estas sitúanse en 1.037.482. Desde xullo do ano pasado aumentou en 15.937 persoas, un incremento de 1,56%. No mesmo período, a nivel de Estado ese aumento foi de 2,58%.