
As explotacións galegas percibiron no mes de outubro 0,28 céntimos por litro. Na segunda feira volverán as mobilizacións.
As explotacións galegas percibiron no mes de outubro 0,28 céntimos por litro. Na segunda feira volverán as mobilizacións.
Galiza continúa a ser o territorio do Estado español no que o prezo do litro de leite en orixe se sitúa por baixo dos 30 céntimos, segundo os dados fornecidos polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA). Estas cifras sitúan Galiza, a principal produtora leiteira estatal e a terceira 'rexión' europea, á cola dos pagamentos. Trátase de case 6 céntimos menos que Andalucía onde as explotacións perciben 34,4 céntimos.
No concreto, @s [email protected] percibiron, de media, 0,28 céntimos por litro o mes seguinte á sinatura do acordo lácteo asinado en Madrid a instancias da ministra de Agricultura. O prezo en orixe teríase, neste senso, incrementado por volta de 4 céntimos mais fica por baixo aínda dos custes de produción das explotacións.
Andalucía percibe en orixe 34,4 céntimos/litro fronte aos 0,28€ de Galiza
Perante esta realidade, a Plataforma en defensa do sector lácteo convocou mobilizacións a partir da segunda feira (31 de novembro) que consistirán en entregas gratuítas de leite nas cidades que terán lugar diante das áreas comerciais. Aliás, volverán saír en tractorada pola Coruña e Compostela e advirten que bloquearán as distribuidoras se non hai avances nos vindeiros días.
Pola súa banda, a Consellaría de Medio Rural reuniuse na xornada de onte con representantes das organizacións agrarias e cooperativas á fin de procurar puntos de encontro. Ángeles Vázquez, a responsábel da carteira, instou os distintos axentes a se sumaren ao Plan Estratéxico que deseña a Xunta para o sector.