Goberno español deixa [email protected] sen dereito a prescribir medicamentos

Goberno español deixa [email protected] sen dereito a prescribir medicamentos

O BOE publica o decreto que regula o uso e dispensación de produtos sanitarios polo que se exixe autorzación médica. O colectivo profesional iniciará medidas contra esta nova norma.


O texto lexislativo foi aprobado en Consello de Ministros no mes de outubro mais a súa publicación no Boletín Oficial do Estado non chegou até hoxe. De acordo co decreto, as enfermeiras e enfermeiros non poderán prescribir nen suministrar medicamentos sen autorización médica. 

Desde o colectivo profesional de enfermaría denuncian que esta medida "abocará o Sistema Nacional de Saúde a un grave colapso e parálise asistencial" polo que prevén iniciar diversas accións legais e mobilizacións sociais para que sexa retirado. 

O decreto exclúe @s [email protected] da prescrición e uso de medicamentos sen previa autorización médica

Neste senso, a Mesa da Profesión Enfermeira a nivel estatal avanzou que presentarán un recurso perante o Tribunal Supremo para anular o artigo 3 do decreto no que se explicita a limitación á prescrición de medicamentos por parte das enfermeiras e enfermeiros exixindo que conten coa "diagnose", "prescrición" e correspondente "protocolo" por parte de profesionais médicos. 

Desde a Mesa profesional de enfermaría coidan que o texto lexislativo conduce a unha "inseguridade xurídica" quer @s [email protected], quer @s doentes. Un feito que, din, "non estamos dispostos a pór en xogo".