Greve en Alcoa

Greve en Alcoa

O 30 deste mes, na planta da Coruña e con ofrecemento para ser secundada en San Cibrao e Avilés.


Os traballadores e traballadoras de Alcoa na Coruña manteñen a vaga de mobilizacións na defensa da continuidade da factoría e dos postos de traballo. Esta segunda feira hai convocada unha concentración ante a Delegación do Goberno na Coruña para demandar a adopción de medidas por parte do executivo español. E, apunta Europa Press, para a sexta feira, 30 de novembro, haberá unha folga de 24 horas na planta da Coruña, con ofrecemento a ser secundada polas factorías de San Cibrao e Avilés.

O comité de empresa de Alcoa na Coruña reclamou a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais entre empresas e traballadores, para decidir onde debe constituírse a mesa de negociación. Ademais, insta o goberno español a tomar medidas.

Fronte común

A CIG vén de solicitar por escrito ao presidente da Xunta, ao conselleiro de Industria e a todos os grupos con representación no Parlamento galego que "dean cumprimento inmediato á declaración institucional aprobada no Parlamento galego e inicien os trámites oportunos para a constitución dunha fronte común na que abordar propostas para evitar o peche da fábrica de Alcoa e avanzar na creación dun marco enerxético estábel para a industria electrointensiva".

  



x