Greve indefinida contra a precarización laboral nas contratas de telefónica en Galiza

Greve indefinida contra a precarización laboral nas contratas de telefónica en Galiza

A convocatoria acordouse na asemblea de [email protected] de persoal da CIG-Industria. Piden o cumprimento dos convenios, a limitación da subcontratación en cadea e o recoñecemento do dereito á subrogación do persoal.


A CIG-Industria convoca greve indefinida en todas as contratas e subcontratas de Telefónica-Movistar en Galiza a partir do vindeiro martes 14 de abril para esixir o cumprimento dos convenios de aplicación, limitar a subcontratación en cadea e combater a precarización laboral que padecen as e os traballadores do sector. 

A Federación de Industria do sindicato nacionalista explica que este é un sector “altamente precarizado, en boa medida pola fragmentación do mesmo, dándose situacións de até tres niveis de subcontratación para un único contrato coa empresa principal”. Ramón Fernández, da CIG-Industria, di que dende a propia Telefónica se fomenta a competencia entre as contratas, “así como a incorporación dos seus propios extraballadores - [email protected] nos sucesivos EREs de Telefónica- a esta cadea de sub-contratación como autó[email protected], ou a través de pequenas sociedades de nova creación.

A CIG-Industria propón unha táboa reivindicativa básica que comeza coa demanda do cumprimento rigoroso dos convenios de aplicación (neste caso os provinciais do metal), especialmente en materia retributiva e de xornada de traballo. Outras das cuestións fundamentais é restrinxir a sub-contratación en cadea.