Greve en Renfe e Adif contra o deterioro e privatización do ferrocarril

Greve en Renfe e Adif contra o deterioro e privatización do ferrocarril

Convocada pola CGT, afecta oito trens de media distancia na liña Vigo-A Coruña, dous trens Avant A Coruña-Ourense e diversas conexións con Portugal e Madrid.


Segundo calcula a central, veranse reducidos oito trens de media distancia na liña Vigo-A Coruña e dous trens Avant A Coruña-Ourense. Ademais, non circularán os trens hotel de longa distancia Galiza-Madrid, o Intercity Vigo-Euskadi nin tampouco o oito conexións con Portugal.

Nun comunicado, o sindicato explica que en 2018 "suprimíronse máis de 80" convois en Galiza "por falta de maquinistas", e que polo corredor atlántico circularon "1.200 trens sen persoal de comercial e atención ao viaxeiro en ruta".

A iso engade a CGT que os despachos de venda de billetes teñen "longas filas porque habitualmente hai só un traballador atendéndoas", así como que "cada vez hai menos traballadores e máis traballo" nos talleres de mantemento de trens". O sindicato tamén denuncia que servizos como o control de acceso de Ourense, o centro de servizos de Santiago e a venda de pasaxes no Barco e A Rúa (Ourense) son xestionados "por empresas privadas ante a falta de cadro de persoal ferroviario".



x