Máis de 31 mil persoas sufriron un accidente laboral en 2013

Máis de 31 mil persoas sufriron un accidente laboral en 2013

A cifra redúcese nos casos que aconteceron durante a xornada laboral, sendo o 6,3% sinistros de tráfico. 


O Instituto Galego de Estatística (IGE) fixo públicos os dados referidos á sinistralidade laboral en Galiza para o ano 2013. Segundo o estudo, desenvolvido orixinalmente pola EPA, no noso país 31.100 persoas sufriron un accidente vencellado ao traballo. De entre elas, 25.300 durante a súa xornada laboral. 

Dos sinistros, o 6,3% foron accidentes de tránsito e producíronse fundamentalmente no sector servizos (11.600 persoas) e a industria (6.700 persoas). 

Así mesmo, o 18,2% de [email protected] de 16 ou máis anos de idade tivo algunha enfermidade nos últimos doce meses, [email protected] cales, 90.100 persoas declararon que fora provocada ou agravada polo seu emprego. Principalmente, sinalaron que se tratou de problemas óseos, articulares ou musculares (64.200 persoas); seguida de estrés, depresión ou ansiedade (8.300 persoas) e problemas respiratorios ou pulmonares (4.100 persoas). 

Aliás, máis do 48% [email protected] [email protected] [email protected] asegurou que a súa enfermidade lles repercutiu no desenvolvemento das súas actividades cotiás. 

A respeito da sinistralidade laboral, o pasado ano déronse a coñecer as cifras de mortaldade vinculadas ao traballo. En Galiza na última década (2004-2013) faleceron 700 persoas segundo o Instituto Galego de seguridade e saúde laboral (Issga).