Manifestación na Mariña “pola dignidade sindical” en Sargadelos e a readmisión dos despedidos

Manifestación na Mariña “pola dignidade sindical” en Sargadelos e a readmisión dos despedidos
Sargadelos de Cervo
Sargadelos de Cervo  

UXT convocou para o 23 de novembro unha manifestación en Cervo en solidariedade coa súa delegada en Sargadelos, Rogelia Mariña, e para demandar a readmisión dos traballadores e das traballadoras despedidas nesa factoría. O sindicato denuncia a situación na que está Sargadelos, “hoxe está en mans dun empresario que impón dubidosas prácticas laborais e actúa baixo criterios e con actitudes afastadas de calquera sociedade democrática”.

Rogelia Mariña leva 44 anos na fábrica e 30 sendo a cara visíbel de UXT en Sargadelos. “Coa entrada do actual administrador único do diálogo e negociación pasouse ao menosprezo, á obstrución da labor sindical e á persecución sindical”, indica o sindicato.

A mediados do pasado de agosto a dirección de Sargadelos anunciaba 49 despedimentos na súa fábrica de Cervo e ameazaba mesmo con fechar a planta se non cesaba o que o seu conselleiro delegado denominaba “presión sindical”.  Desde UGT ultimaron unha demanda perante o que consideran que é “chantaxe e coacción” da empresa aos traballadores e traballadoras. Unha demanda de tutela de dereitos fundamentais, que abrangue a paralización inmediata dos despedimentos. 

En setembro, a asemblea de persoal de sargadelos decidiu destituír a sindicalista de UXT. A decisión adoptouse co voto favorábel de 45 votos dos 61 emitidos.



x