Centos marchan na Mariña “pola dignidade sindical” en Sargadelos

Centos marchan na Mariña “pola dignidade sindical” en Sargadelos

Na manifestación estivo presente o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez.


Unha manifestación convocada pola UGT expresou esta sexta feira en Cervo a súa solidariedade coa súa delegada en Sargadelos, Rogelia Mariña, ao tempo que demandou a readmisión dos traballadores e das traballadoras despedidas nesa factoría. O sindicato denunciou a situación na que está Sargadelos, “hoxe está en mans dun empresario que impón dubidosas prácticas laborais e actúa baixo criterios e con actitudes afastadas de calquera sociedade democrática”.

Na manifestación, na que participaron centos de persoas, tomou parte o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez.

Rogelia Mariña leva 44 anos na fábrica e 30 sendo a cara visíbel de UXT en Sargadelos. “Coa entrada do actual administrador único do diálogo e negociación pasouse ao menosprezo, á obstrución da labor sindical e á persecución sindical”, indica o sindicato.



x