Unha marcha máis ao motor da mobilización para recuperar dereitos laborais e civís

Unha marcha máis ao motor da mobilización para recuperar dereitos laborais e civís

CIG realizou esta terza unha xornada de asembleas e concentracións en todas as comarcas para esixir a derrogación das reformas laborais, das pensións e da negociación colectiva.


A mobilización como a ferramenta para facer fronte á situación de “emerxencia nacional e social” que vive Galiza e que permita “recuperar os dereitos perdidos nos últimos anos baixo o pretexto da crise”. A CIG realizou unha xornada de asembleas e protestos para esixir a derrogación das reformas laborais, das pensións e da negociación colectiva.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, emprazou a manter a dinámica de mobilizacións nas rúas e nos centros de traballo "para reivindicar a necesidade de recuperar os nosos dereitos e que as galegas e os galegos teñamos emprego, salarios e pensións dignas".

Calendario de actuacións

Acusou o goberno español e o goberno galego de ter nula vontade para reverter as “duras políticas neoliberais que nos teñen conducido a esta situación”. "Os meses pasan,  a propaganda duns gobernos e outros vai en aumento pero na realidade hai un drama social que, como CIG, queremos denunciar e ofrecer unha alternativa".

A este respecto, instou o goberno de Pedro Sánchez e ás forzas políticas que o sustentan, a pór en marcha de maneira urxente un calendario de actuacións para a derrogación das reformas laborais, das pensións e da negociación colectiva "que tanto dano causan". "Estamos fartos e fartas de propaganda, de xustificacións de intereses doutro tipo e de escusas. É hora de actuar", aseverou.



x