Mercado laboral galego, con M de Madrid

Mercado laboral galego, con M de Madrid

A crise acrentou cada vez máis a división territorial do traballo, non só a nivel mundial ou europeo mais tamén a nivel de Estado español. Unha realidade na que Madrid e, en menor medida, Euskadi e Catalunya acaparan os empregos de maior cualificación mentres Galiza continúa a ser presa dun modelo de baixos salarios. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 280.


3Madrid rexistra unha situación anómala que non ten parangón en boa parte de Europa nin en Estados Unidos. Apenas hai prima salarial por traballar na capital do Estado. É dicir, o salario que se paga por determinados empregos en Madrid apenas varía a respecto do que se abona por ese mesmo emprego noutras partes do Estado. “Desde logo iso non pasa nin en Alemaña, nin en Reino Unido, Francia ou Holanda, por dar só uns exemplos”, aclara Paula Viña, estudiosa en mobilidade laboral. Alí, traballar na capital implica unha importante prima no salario.

Estamos pois perante unha situación de marxinación ou un prexuízo á capital do Estado, onde os custos son máis elevados que no resto do Estado mais os salarios case idénticos? Pois non exactamente. Esta situación responde a unha realidade que nos pon perante un mapa singular. Explícao Florentino Folgueroso, investigador da Fundación de Estudos de Economía Aplicada (Fedea): “En Reino Unido, Francia ou Alemaña non hai tal concentración de traballo cualificado nunha única zona como no Estado español, hai máis polos de atracción”, reflexiona.

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 280 de Sermos Galiza, á venda nos quiosques e na loxa]