CIG DENUNCIA PERSECUCIÓN EN MERCADONA

Mercadona ameza con sancións o persoal que ten tatuaxes en zonas visíbeis se non as oculta

Mercadona ameza con sancións o persoal que ten tatuaxes en zonas visíbeis se non as oculta
Rolda de prensa das traballadoras e traballadores da CIG en Mercadona na zona da Coruña [Imaxe: CIG]
Rolda de prensa das traballadoras e traballadores da CIG en Mercadona na zona da Coruña [Imaxe: CIG]  
A CIG denuncia que Mercadona “atenta” contra os dereitos das traballadoras e traballadores ao ameazar o persoal que ten tatuaxes en zonas visíbeis do corpo e non as tapa con vendas ou maquillaxe.

A Confederación Intersindical Galega denunciou a “consigna de Mercadona” instruída a todo o persoal segundo a que “prohiben as tatuaxes visíbeis e os piercings, chegando mesmo a ameazar coa imposición de sancións a aquelas traballadoras e traballadores que non oculten estes adobíos”, afirmaron desde o sindicato.

Esta sexta feira 19 de xullo a CIG realizou unha rolda de prensa onde denunciou o que cualificaron como unha persecución de Mercadona contra o cadro de persoal, unha actitude que “atenta contra os dereitos individuais e que constitúe unha manifestación máis da política de férreo control que Mercadona exerce sobre as súas traballadoras e traballadores”, denunciaron desde a central sindical nacionalista.

CIG denuncia que Mercadona “atenta contra os dereitos individuais e que constitúe unha manifestación máis da política de férreo control que exerce sobre as súas traballadoras e traballadores”

Polo de agora a advertencia “non pasou do apercibimento verbal”, sinalaron, mais o persoal que ten tatuaxes visíbeis “está recibindo todo tipo de presións e ameazas para que as tapen", esgrimiu a presidenta do comité provincial da Coruña, María López Alejos, quen cualificou esta política laboral de “totalmente extemporánea, vulneradora de dereitos e irrespectuosa co persoal”.

A presidenta do comité lamentou que a empresa en lugar de adaptarse aos tempos actuais, e pese a que no último convenio colectivo retirase aqueles puntos que facían referencia ás sancións por incumprir o aspecto físico esixido ás traballadoras e traballadores, "a realidade é que en Mercadona están prohibidas as tatuaxes, ao igual que os piercings, e a empresa ameaza con sancionar a quen as loce".

A este respecto, destacou López Alejos que “a clientela nunca se queixou porque algunha traballadora ou traballador teña unha tatuaxe. Ao contrario, chámalles moito máis a atención que vaiamos cunha montaña de maquillaxe ou cunha venda para ocultalas".

Denuncian que a persecución é máis intensa no Marineda City da Coruña

“A persecución non ten a mesma intensidade en todos os centros de traballo”, aseguraron desde o sindicato. Desta maneira sinalaron o supermercado de Marineda City como o caso onde “as ameazas son constantes”.

“A persecución non ten a mesma intensidade en todos os centros de traballo”, aseguraron desde o sindicato

Tanto é así, explicaron, que un día, aproveitando a ausencia das delegadas da CIG, a encargada reuniu nas dúas quendas laborais a todo o persoal para reiterarlles que non se podían levar á vista as tatuaxes e lembrou que quen non cumprira esta obriga podería ser obxecto de sanción, relataron as sindicalistas na rolda de prensa. Continuaron explicando que "ao día seguinte, un traballador non cubriu a tatuaxe que tiña no brazo e foi rapidamente chamado á oficina.

Alí a encargada, con dúas testemuñas, díxolle que tiña que tapala porque esa é a política da empresa. Cando o traballador lle respondeu que o convenio non recolle nada sobre este asunto, a encargada díxolle que se dera por informado e lanzoulle ameazas veladas".

Para a CIG, que se poida chegar a sancionar unha traballadora ou traballador por tales motivos é un atentado contra o dereito á propia imaxe e ás liberdades individuais. Por iso, advirten que "non nos imos amedrentar ante ningunha ameaza e seguiremos a defender a dignidade e os dereitos do persoal". E engaden que, detrás desta persecución, o que en realidade