O novo ERE de Vodafone ameaza 184 empregos en Galiza

O novo ERE de Vodafone ameaza 184 empregos en Galiza

A empresa prevé despedir 24% do seu cadro de persoal no Estado español cun expediente que afectará un máximo de 1.200 persoas.


Vodafone España presenta un ERE que afecta á cuarta parte do seu cadro de persoal no Estado. Un expediente que afecta un máximo de 1.200 traballadores e traballadoras e que ameaza os por volta de 180 empregos da compañía en Galiza, distribuídos entre Vigo e A Coruña. No conxunto do estado o persoal ascende a 5.100 persoas.

Os sindicatos rexeitan o ERE da operadora, por entender que é errado e innecesario. Lembran que este sería o terceiro expediente de regulación de emprego de Vodafone en menos de sete anos.

En 2013, antes de adquirir ONO, Vodafone pactou un ERE para 900 traballadores, un proceso que finalizou con 620 despedimentos e 130 externalizacións ao tempo que a outros 150 empregados mudóuselles as condicións de traballo. En 2015, e xa integrada Ono, a dirección de Vodafone acadou un novo acordo para un ERE que afectou mil traballadores.

A operadora xustifica a medida en “razóns económicas, produtivas e organizativas”, e procura “reverter a negativa evolución do negocio”.

Nos últimos doce meses Vodafone sufriu a fuga de medio millón de liñas de móbil e 120.000 de acceso a internet.



x