[email protected] de Pontevedra exixirán a Fogasa que axilice o pagamento das indemnizacións


[email protected] de Pontevedra exixirán a Fogasa que axilice o pagamento das indemnizacións

A CIG convoca unha concentración esta terza feira (30 de setembro). Denuncian que o Fogasa está a demorar os pagamentos até 18 meses. 

Traballadoras e traballadores da provincia de Pontevedra exixirán cunha mobilización perante a Subdelegación de Goberno que o Fondo de Garantías Salariais (Fogasa) axilice os pagamentos das indeminizacións por despedimento. Será a terza feira (30 de setembro) ás 12.00 horas. 

A central sindical nacionalista denuncia que os retrasos acumulados e que, nalgúns casos, se demoran desde hai 15 e 18 meses. Esta situación, vén a se sumar, explican, ás reducións sufridas nestas indeminacións após a entrada en vigor da reforma salarial. E é que desde 2012 as contías pasaron dos 150 días de salario a 120 e a cantidade non supera o duplo do Salario Mínimo Inerprofesional (SMI) cando na anterior lexislación se contemplaba até o triplo. 

A reforma laboral reduciu os días de pagamento e as contías

Desde a CIG advirten que os retrasos responden a un interese do "goberno" español que, "por tentar cumprir co déficit, o que está a facer é diferir os pagos para anos posteriores e se tiña que pagar este ano, deste xeito, o que fai é atrasalos para o ano 2015 ou 2016. Unha aberración", sinalou Xoan Xosé Bouzas, secretario nacional da CIG-Industrias e representante da central sindical no Salnés. Así, en 2013, só en Pontevedra presentáronse 6.892 expedientes e só se concluíron 3.467. Isto ademais dos 622 pendentes do ano 2012, acrecentan. 

A CIG do Salnés, lembra, ten a uns 300 traballadores de 25 empresas da comarca agardando  desde abril de 2013  a cobrar do Fogasa e outras 200 solicitudes individuais. Aproximadamente 500 traballadores/as pendentes de recibir as súas indemnizacións.

O Ministerio reclama "cobros indebidos" procedentes do INEM a [email protected] @s que adebeda entre 6.000 e 7.000 euros

Aliás, denuncian que o Ministerio de Emprego está a reclamar a algunhas das persoas pendentes de pagamaneto, a devolución por vía de apremo, de supostos cobros indebidos do desemprego. "Refírense aos cartos que percibiron do INEM até que existiu unha sentenza que obrigou ás empresas a pagar os salarios de tramitacións", explican desde a CIG. "Hai casos de persoas ás que o Ministerio lles adebeda 6000 ou 7000 euros, que esgotaron as prestacións e que poderían quedar nunha situación moi difícil", advirten. 

Neste senso, coincidindo coa concentración convocada @s [email protected] entregarán na Subdelegación de Goberno reclamacións individuais exixindo o pagamento inmediato das indemnizacións e maior axilidade na súa tramitación fornecendo dunha maior partida orzamentaria a Fogasa e incrementando o persoal neste órgao "como se ten feito noutras ocasións como o resgate á banca", apuntan.