O paro rexistrado en setembro aumenta na Galiza en 3.164 persoas, o terceiro maior incremento no Estado

O paro rexistrado en setembro aumenta na Galiza en 3.164 persoas, o terceiro maior incremento no Estado

A Seguridade Social perde 7.353 afiliacións nese mes. Unha caída de 0,7% fronte ao 0,02% de caída media no Estado.


O paro rexistrado aumentou na Galiza no mes de setembro en 3.164 persoas, o terceiro maior aumento no conxunto do Estado, só superado por Estremadura (4.025 persoas) e Andalucía (4.866). Un incremento de 2,06%, moi superior á media rexistrada nese mes no Estado, que foi de 0,45%. No cómputo interanual, o número de persoas rexistradas nas oficinas de desemprego descendeu en 9.336. O número de persoas desempregadas sitúase en 156.984.

A suba do paro rexistrado en setembro débese principalmente ao sector servizos, coa fin dos contratos temporais de agosto. Neste sector aumentou o número de persoas rexistradas no desemprego en 2.847. Na industria esa suba foi de 167 e na Construción en 19.

O número de contratos rexistrados en setembro situouse en 106.735, dos cales case 97.000 foron temporais.

No que atinxe a afiliación á Seguridade Social, houbo nese mes un descenso de 7.353 afiliacións, 0,7%, unha porcentaxe tamén moi por riba da media española (0,02%).