O paro rexistrado descende na Galiza en 5.556 persoas

O paro rexistrado descende na Galiza en 5.556 persoas

O desemprego descendeu en todos os sectores. Asináronse 99.000 contratos, unha media de 17 por cada persoa que deixa o desemprego


Maio despediuse deixando na Galiza 5.556 persoas menos rexistradas nas oficinas de desemprego. Un descenso que sitúa o número de persoas no paro no noso país en 155.249, o máis baixo nos últimos anos. O desemprego reduciuse en todos os sectores, nomeadamente en servizos (-3.763) mais tamén en Industria (563 desempregados e desempregadas menos) e Construción (367 menos).

En maio asináronse case 99.000 contratos laborais, a gran maioría deles temporais (91.288). Son, pois, 17 contratos por cada persoa que abandona o paro, unha media que indica a gran temporalidade e eventualdiade do emprego creado.

A afiliación á Seguridade Social sitúase na Galiza en 1.025.192 persoas após aumentar en 6.787 novas afiliadas en maio, aumento de 0,67% que está por riba da media española. Porén, na comparativa interanual (de maio de 2018 a maio de 2019 esa suba é de 1,86%, por baixo da media do Estado español, que é de 2,7%.