O paro rexistrado en Galiza descende en abril en 4.615 persoas

O paro rexistrado en Galiza descende en abril en 4.615 persoas

A temporalidade continúa a ser a norma, con 77.000 dos 84.000 contratos asinados ese mes como indefinidos.

 


O paro rexistrado caeu en Galiza en abril en 4.615 persoas, un mes marcado este ano pola coincidencia da Semana Santa. É un descenso lixeiramente inferior ao rexistrado no conxunto do Estado (o desemprego baixou en 2,7% en Galiza e a media estatal foi de 2,8%). A temporalidade, como xa é a norma, continúa a reinar nas contratacións: dos 83.967 contratos asinados en abril, 76.689 foron temporais.

Caeu o paro rexistrado en todos os sectores, nomeadamente en servizos, con 3.991 persoas menos no desemprego. A afiliación á Seguridade Social situouse en 1.010. 592 persoas. Incrementou a respecto do mes anterior en 0,6%, menos que a mkedia estatal (0,98%).

Das 156.374 persoas paradas con experiencia laboral que había, só 57,48 % estaban percibindo unha prestación por desemprego. Polo tanto, había máis de 66.000 persoas paradas con experiencia laboral que xa carecen de cobertura por desemprego.