O paro sobe na Galiza por cuarto mes consecutivo

O paro sobe na Galiza por cuarto mes consecutivo
Consulta nunha oficina de emprego
Consulta nunha oficina de emprego  

O número de persoas rexistradas no desemprego aumentou en 1.352 en novembro.


Agosto, setembro, outubro e novembro. Catro meses de aumento do paro rexistrado na Galiza. Case 15.000 persoas máis rexistradas no desemprego que en xullo. En novembro ese incremento foi de 1.352, o que supón unha suba de 0,82%, por riba da media española, que foi de 0,65%.

O paro rexistrado tan só baixou en Industria (en 174 persoas), mais aumentou en todos os demais sectores: desde Agricultura (255 persoas no paro máis) a Construción (+ 345). Mais foi servizos o que supuxo o groso dese aumento, con 950 paradas máis.

En paralelo, cae a afiliación á Seguridade Social: nun mes, 3.800 filiacións menos, un descenso de 0,38%, de novo por riba da media española (-0,27%).

No que atinxe a contratos, dos 76.222 asinados no mes de novembro, máis de 69.000 foron temporais.