A patronal acepta volver negociar ante o seguimento total da greve en elaborados do mar

A patronal acepta volver negociar ante o seguimento total da greve en elaborados do mar

O comité de greve apraza as dúas xornadas de paros restantes convocadas para esta semana (24 e 25 de outubro). DE non haber avanzos na negociación, retomarían os paros de 24 horas o 30 e 31 deste mes


Os sindicatos convocantes (CIG, CCOO e UXT) coincidiron en salientar o seguimento “total” na primeira xornada de greve no sector de elaborados do mar, 7.000 empregos en Galiza. O éxito do primeiro paro levou, asegura a CIG, a que a patronal estatal acepte retomar as negociación do convenio colectivo, que racharon en setembro pasado.

Ante este cambio de actitude, o comité de greve apraza os paros previstos para 24 e 25 deste mes. En caso de non haber avanzos nas negociación, retomaríase a greve o 30 e 31 de outubro.

Lembran que o convenio estatal, expirado en 2015, é dos máis precarios de todo o ámbito da alimentación, cunha perda importante de poder adquisitivo nestes últimos anos. Neste sentido, reivindican, entre outras demandas, que a finais de 2020 o salario máis baixo poida acadar os 14.000 euros.

Esixen, tamén, limitar o masivo traballo temporal e evitar a implantación de novas fórmulas abusivas como empresas multiservizos ou falsas cooperativas. Alén diso, reivindican pluses de refrixeración, dadas as condicións de frío e humidade no que decorre o traballo.



x