PARO DE LONGA DURACIÓN

A peor herdanza da crise

A peor herdanza da crise

A metade das persoas rexistradas como desempregadas na Galiza levan máis dun ano nesta situación. Son as paradas e parados de longa duración, un colectivo que no noso país anda nas 90.000 persoas, máis que toda a poboación que habita en cidades como Ferrol ou Pontevedra.  Ao tempo, a Xunta recorta en programas e fondos para formar persoas no desemprego.


3Galiza está no podio do Estado español de territorios cunha taxa maior de paro de longa duración (PLD). É dicir, de persoas que levan máis dun ano no desemprego. Metade das persoas rexistradas no desemprego no noso país, 50%, son paradas de longa duración. Unha porcentaxe só superada pola nosa veciñanza Asturies, con 50,2%. Así pois, temos na actualidade seis puntos máis de persoas en paro de longa duración que a media española (44,5%) e que a Unión Europa (45%). 

A comezos da crise o PLD non chegaba a 3,5%. A inicios do presente ano, 2018, está en 7%, o que supón tres puntos e medio máis. Estamos pois perante unha das herdanzas máis preocupantes da crise. De feito, e a pesar de que os dados macroeconómicos indican que Galiza acumula catro anos de medre de PIB (e tres deles por riba de 3,1%), o PLD continúa en niveis alarmantes. Así, catro de cada dez persoas no paro na Galiza levan máis de dous anos nesa situación, máis un sinal da cronificación dun problema que debe ser tratado desde diferentes perspectivas.

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 299 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]
 



x