O persoal en interinidade non ten dereito a indemnización por despido

O persoal en interinidade non ten dereito a indemnización por despido
Tribunal Supremo
Tribunal Supremo  

Establéceo o Tribunal Supremo nunha sentenza. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea resolvera en 2016 que o sistema español de indemnizacións era discriminatorio por diferenciar de forma non xustificada a persoal interino de temporal ou fixo.


O Tribunal Supremo sentenza que os interinos e interinas poden ser despedidos sen dereito a recibir ningunha indemnización. A resolución ditada polo pleno da Sala do Social do alto tribunal considera que non cabe outorgar indemnización algunha polo cese regular do contrato de interinidade. Nin sequera a dos 12 días que o Estatuto dos Traballadores e Traballadoras fixa para contratos de obra ou servizo e acumulación de tarefas.

En 2016 o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) declaraba (a raíz dunha demanda) que os traballadores e traballadoras interinas tiñan dereito a percibir unha indemnización. Porén, meses despois o TXEU corrixía a súa propia doutrina e avalaba que houbese distintas indemnizacións para indefinidos e temporais.

Agora, os maxistrados do Supremo rexeitan que caiba aplicar o persoal interino unha indemnización por ser despedido.