O persoal operador do 061 valora retomar as mobilizacións

O persoal operador do 061 valora retomar as mobilizacións

Demanda que se paguen os incentivos adebedados.


O persoal operador do 061 valora retomar as mobilizacións ante a redución dos incentivos, que pasaron dun 15% a un 10%, e a negativa de Grupo Norte e a Fundación 061 a facer efectiva a diferenza tal e como se comprometera hai máis dun ano.

O persoal tamén pide que se apliquen as melloras sociais comprometidas, que Grupo Norte presentou para gañar o contrato, e que se manteña o complemento de destino para o persoal de substitución.

A decisión de volver a se mobilizar adoptouse logo de que a empresa concesionaria recoñecera, afirma o persoal a súa intención de non asumir o pago dos que se lles adebedan de 2017 posto que a Fundación Pública de Urxencias Sanitarias non lle fixo entrega da partida orzamentaria correspondente.