Feche do persoal nos PAC en Vigo e Ferrol

Feche do persoal nos PAC en Vigo e Ferrol

Persoal dos PAC de Vigo, Ferrol e Compostela retomaronesta terza as mobilizacións coincidindo co inicio de novas xornadas d greea, que se desenvolverán até o vindeiro 17 de decembro para reclamar máis persoal e a mellora das condicións laborais e da atención ao usuario. Insisten na denuncia de sobrecarga de traballo, falta de equipos de seguridade e discriminación, polo que insisten na equiparación coas condicións laborais do resto de persoal do Sergas.


En Vigo e Ferrol optaron por iniciar peches de 24 horas nos PAC, mentres que en Compostela concentráronse ás portas do centro de saúde.


Dende a representación do persoal denuncian que malia que os profesionais dos PAC estiveron un mes en folga e a pesar das reiteradas afirmacións da administración nas que manifestaba a súa disposición a dialogar e a chegar acordos, “a realidade é que non houbo ningún contacto co comité de folga para negociar co obxectivo de atender as reivindicacións do colectivo”.

Ademais, sosteñen que neste tempo endurecéronse as condicións de traballo, sobre todo do colectivo médico, “ao que se lle está a estender a xornada a golpe de burofax”. Ao mesmo tempo, deixouse sen cubrir a presenza de facultativos en numerosas ocasións en varios centros.



x