EPA

O primeiro trimestre do ano deixa na Galiza 5.000 persoas desempregadas máis

O primeiro trimestre do ano deixa na Galiza 5.000 persoas desempregadas máis

O paro aumentou en 3,36% entre xaneiro e marzo, o duplo que a media española.


E Enquisa de Poboación Activa (EPA) do 1º trimestre de 2019 rexistra un aumento de 5.000 persoas no desemprego a respecto do trimestre anterior. Un incremento de 3,36%, porcentaxe superior á media estatal, onde o aumento de persoas no paro foi de 1,51%. Nestes tres meses destruíronse 7.900 empregos.

Mellores rexistros dá se a comparativa é a respecto do primeiro trimestre de 2018. Neste período a cifra de persoas no paro descendeu en máis de 32.000 persoas (-17%), mellor resultado que a media española. En canto á poboación ocupada, en Galiza sitúase en 1.080.200 persoas. Son 7.900 menos que a inicios de ano.

Os fogares galegos nos que todos os seus membros activos están en paro aumentaron en 800 e xa son 55.000, segundo os datos da EPA.