Protesta do persoal das contratas na sede de R na Coruña

Protesta do persoal das contratas na sede de R na Coruña
Concentración de traballadoras e traballadores das contratas de R na Coruña.
Concentración de traballadoras e traballadores das contratas de R na Coruña.  
Traballadoras e traballadores de diferentes contratas do operador R retomaron as protestas diante da ameaza de deslocalización. O conflito chegou esta semana ao Parlamento galego e ao pleno do Concello da Coruña. Polo de agora, a resposta institucional limítase a unha entrevista coa secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca.

Persoal das contratas de R concentrouse diante da sede de R, na Rúa Real da Coruña, contra o proceso de deslocalización de servizos e en demanda de que o Goberno galego se implique na defensa dos máis de mil empregos que están en risco por esta decisión de Euskaltel (propietaria de R Cable e Telecomunicacións).

As protestas continuarán esta cuarta feira diante do edificio de R no Polígono de Agrela.

Os sindicatos alertan que despois da entrada do fondo de investimento Zegona no accionariado da empresa, esta avanza nun proceso de redución da estrutura repartida entre Euskadi, Asturias e Galiza.