Recorren os servizos mínimos fixados para os días de folga en Lavacolla por "abusivos"

Recorren os servizos mínimos fixados para os días de folga en Lavacolla por "abusivos"
Interior do aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro.
Interior do aeroporto de Lavacolla-Rosalía de Castro.  Foto: Concello de Santiago

Aena fixou 100% para cada unha das 3 xornadas de paro convocadas para os días 13, 20 e 27 de setembro.


O comité de folga do aeroporto Rosalía de Castro denunciou os servizos mínimos “abusivos” decretados por Aena, do 100%, para cada unha das 3 xornadas de paro convocadas para os días 13, 20 e 27 de setembro. Consideran que con esta medida a empresa pública vulnera o dereito ao exercicio dun dereito fundamental como o de folga e anuncian xa que os recorrerán para que este decreto sexa anulado.

O comité de folga incide en que é a actitude de Aena a que ten provocado esta convocatoria de folga, “por ignorar as demandas e por, nin sequera, recibilos para tratar de achegar posturas”.

A CIG denuncia ademais que tamén decretaron uns servizos mínimos abusivos tanto a empresa encargada da Seguridade Privada do aeroporto como a que se encarga do combustible.