A redución do paro rexistrado non remata coa temporalidade laboral


A redución do paro rexistrado non remata coa temporalidade laboral

O número de persoas desempregadas reduciuse no noso país en máis de 12 mil persoas no último mes. Galiza continúa liderando a taxa de contratos temporais.

O Ministerio de Traballo fixo públicos esta segunda feira (4 de agosto) o dados do paro rexistrado do mes de xullo. En Galiza sitúase en 240.279 as persoas demandantes de emprego, 12.031 menos que no período anterior. 

Por provincias Pontevedra continúa a ser a de maior desemprego rexistrado (96.276), seguida da Coruña (94.528), Ourense (26.202) e Lugo (23.273). Así mesmo, segundo o sector de actividade os servizos foron os que máis incrementaron o número de [email protected] (8.063) seguidos da construción (1.882) e da industria (1.492). 

Porén, o número de contratos temporais mantense de maneira notábel por riba das contratacións indefinidas --con ou sen bonificación pública-- Así no noso país o total de contratos sitúase en 91.604 dos cales só 5.466 son de carácter indefinido. Pola contra, o groso de novos contratos, 86.138, son temporais. Un feito que se repite no conxunto do Estado español.