Servizos mínimos "de máximos" para a greve xeral das mulleres do 8M

Servizos mínimos "de máximos" para a greve xeral das mulleres do 8M

Sindicatos como a CIG anuncian que recorrerán o decreto que os fixa e COO fala de duns servizos “abusivos”


A administración convocou esta cuarta feira os comités de greve do 8 de marzo das diferentes centrais sindicais para informalos do establecemento de servizos mínimos de cara a esa xornada de paro das mulleres.A CIG xa anunciou que recorrerá o decreto de servizos mínimos que publique a Xunta se esta persiste na proposta que presentou, “claramente vulneradora do dereito á greve das mulleres galegas do día 8 de marzo”.

A CIG considera que carece de sentido esta medida con carácter xeral, xa que a central sindical fai un chamamento á greve dirixido exclusivamente ás mulleres e que aínda ten menos xeito, o seu estabelecemento en sectores moi masculinizados, como pode ser o caso do transporte de viaxeiros.

De por parte, Comisións Obreiras de Galiza tamén rexeita os «abusivos» servizos mínimos para o ámbito da administración autonómica. Para o sindicato, os criterios empregados polo goberno galego “non gardan proporción”.