Suspendida a folga no aeroporto de Lavacolla ao aceptar Aena abrir unha vía de diálogo

Suspendida a folga no aeroporto de Lavacolla ao aceptar Aena abrir unha vía de diálogo

O comité de folga lembra que a folga foi o recurso após meses de recibir negativas a se reunir con eles.


O comité de folga do aeroporto de Santiago, Lavacolla-Rosalía de Castro, acordou suspender a xornada de folga que estaba convocada para esta sexta feira. O comité adoptou esta decisión logo de que se abra una vía de diálogo con Aena, que convocou este órgano representativo dos traballadores e traballadoras para manter una xuntanza sobre a licitación da cantina e otros motivos do paro.

En todo caso, o comité advirte que, en función das cuestións que se aborden e da disposición de Aena a resolver a problemática derivada do peche da cantina –“que provocaría un claro deterioro das condicións de vida do persoal de todas as empresas que operan no Rosalía de Castro, por mor da precariedade campante no aeroporto”-, e que, se non se atenden as súas demandas nun tempo prudencial, convocarán unha nova asemblea para que o persoal decida as accións a adoptar sen descartar unha nova convocatoria de folga.

O conflito en Lavacolla-Rosalía de Castro empezou pola cantina que utilizan traballadoras e traballadores, un espazo aparte da cafetería para as viaxeiras e os viaxeiros. O pasado 15 de marzo, recibiron no comité de Aena a notificación de que se ía eliminar o servizo, que os prezos para o persoal de Aena se mantería igual na cafetería, mais non para o do resto de empresas. En Lavacolla as empregadas e empregados do case medio cento de empresas que prestan os diferentes servizos -compañías aéreas, mantemento, alugueiro de coches, limpeza, seguridade...-, a maioría deles, viven instalados na precariedade, denuncian os sindicatos, con carga de traballo en aumento e salarios e dotación de persoal á baixa. E agora, a cantina. A cantina foi o detonador.

“Non é xusto que outros compañeiros teñan que utilizar o mesmo servizo que utiliza o público, con prezos máis altos cos que tiñan até hoxe”, sinala De Prado. No aparcadoiro tamén hai diferencias. Os de Aena e os de Enaire -a parte de Aena que se ocupa do control aéreo- gozan da gratuidade do servizo; o resto deben pagar entre 20 e 25 euros por día. “Se agora quedan tamén sen cantina, o gasto subiría moito, porque tampouco teñen a opción de saír e buscar un menú barato: abandonar o recinto durante a xornada considerase abandono do posto de traballo”. 

Un 30% das mil empregadas e empregados do principal aeroporto galego non chegan aos 500 euros de salario.