Suspendida a folga indefinida na limpeza dos hospitais do Sergas

Suspendida a folga indefinida na limpeza dos hospitais do Sergas

As empresas deberán pagar no prazo dunha semana o que deben ás traballadoras o pago de carreira equivalente á equiparación.


A folga indefinida que esta cuarta feira, 10 de marzo, ía comezar na limpeza dos hospitais do Sergas convocada por CIG e CCOO suspéndese. A mediación da reunión desta terza feira, día 9, no Consello galego de Relacións Laborais deriva nun prazo de sete días dado ás empresas para que paguen aos traballadores e traballadoras os salarios que lles deben. A folga fica suspendida até o 16 deste mes.

Grupo Norte, Grupo Faro e Ilunion comprométense a pagar mentres Clence non se presentou na xuntanza mais desde o Sergas comprometéronse cos sindicatos a instarlle a que o faga.

As traballadoras e traballadores “conseguiron que o acordo de 2007 se recollese, ao ano seguinte, en convenio colectivo”. Ese equiparación non é un concepto abstracto: incrementa o salario a final de mes. Cobrárono a partir de 2008, coa excepción de 2009 “en que algunhas empresas intentaron non pagar e tiveron que facelo despois de haber mobilizacións”.

A ratificación do plus firmouse de novo o pasado novembro. Todas as empresas o fixeron. Segundo ese documento, as concesionarias tiñan até o 31 de marzo de 2019 para facer efectivo o pago de carreira equivalente á equiparación”. Mais o día 26, catro empresas comunicaron a súa intención de non pagar. CIG e Comisións decidiron chamar á folga indefinida.

Non todas as compañías se descolgaron unilateralmente do acordo. Si cumpriron Acciona, Lacera, Ferrovial e Samil. As non pagadoras, pola súa banda, esixiron “un curso de especialización” para pagar o plus. Agora, e despois da xuntanza no CGRL, asumiron pagar en sete días.



x