Taxis galegos, en greve até a cuarta feira

Taxis galegos, en greve até a cuarta feira
Greve de taxis no pasado mes de novembro. Foto: Laura R. Cuba.
Greve de taxis no pasado mes de novembro. Foto: Laura R. Cuba.  

O colectivo apoia os paros promovidos en primeira instancia polos taxistas de Barcelona. Representantes do sector reúnense en Madrid co Ministerio de Fomento para abordar o problema da expedición de licenzas aos vehículos con conductor


O colectivo galego de taxistas convocou unha greve que se estenderá desde o mediodía desta segunda feira até as 00 horas da cuarta feira. As distintas asociacións que representan o sector na Galiza toman esta decisión de sumarse aos paros de forma unánime.

O motivo da greve, que foi secundada en varias cidades do Estado español, está ligado co fenómeno das licenzas VTC. Segundo a lei, a expedición destes permisos —utilizados polos servizos de Uber e Cabify— é reducida a un por cada 30 taxis. Actualmente, as licenzas están a ultrapasar amplamente este límite, incumprindo a lexislación vixente. A raíz disto, varios representantes do sector están a manter estes días reunións co Ministerio de Fomento en Madrid para demandar ao goberno que garanta a aplicación da normativa.