SINISTRALIDADE LABORAL

Un traballador morre en Coirós cando manipulaba cables de media tensión

Un traballador morre en Coirós cando manipulaba cables de media tensión
(Galicia Naves)
(Galicia Naves)  
Tiña 55 anos e as iniciais eran B.M.F.

Un traballador de 55 anos de idade. B.M.F, faleceu na mañá deste venres mentres manipulaba uns cables de media tensión en Coirós, comarca de Betanzos. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este accidente laboral tivo lugar sobre as 10:15 horas no Polígono Industrial de Coirós mentres manipulaba uns cables cando traballaba nunha cesta.

Após recibir a alerta dun compañeiro, o 112 puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galiza-061, Garda Civil e dos Bombeiros de Betanzos, así como da compañía eléctrica.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria para atender B.M.F. Porén, a pesar dos esforzos, o traballador faleceu no lugar.