As traballadoras de limpeza da Xunta denuncian discriminación por ser mulleres

As traballadoras de limpeza da Xunta denuncian discriminación por ser mulleres

Ningunha destas traballadoras -90% do plantel- goza de plus e categorías que si teñen os seus compañeiros varóns e que implica que estes cobren máis.


No servizo de limpeza da Xunta traballan 120 mulleres, que supoñen 90% do cadro de persoal. Ningunha delas ten recoñecido o dereito a percibir plus de toxicidade, penosidade ou perigosidade; nin unha soa ten recoñecida a categoría de peón especialista. A súa carga de traballo é maior que a dos seus compañeiros que, porén, si que gozan deses plus e categorías, cobrando por eles e tendo así, un maior salario. .

 

As traballadoras de Grupo Norte, empresa concesionaria do servizo de limpeza da Xunta, volveron movilizarse esta quinta feira.  Exixenr igualdade de dereitos á hora de acceder a categorías e pluses para poder acadar así unha igualdade salarial que lles é negada, denuncian, polo feito de ser mulleres.

 

Ningunha das traballadoras, que conforman o 90% do cadro de persoal, conseguiu ver recoñecidos eses dereitos

 

Os sindicatos lembran que  produciuse por parte de Grupo Norte “o ascenso de categoría a peón especialista dos homes que aínda non a posuían de maneira unilateral e sen consultalo e comunicalo ao Comité de Empresa”; que eses ascensos teñen unha implicación directa na súa retribución e que, porén non se lle deu, “en ningún momento esa mesma posibilidade as mulleres traballadoras”. Do mesmo xeito denúnciase que tamén o colectivo masculino é o único que “se ve recompensado economicamente con diferentes pluses, a maiores do salario, que teñen que ver con circunstancias tales como a Perigosidade/Penosidade/Toxicidade, coa dispoñibilidade, coa localizacións (disposición de teléfonos móbiles da Empresa), responsabilidade, ....., pluses que non percibe ningunha das mulleres que se atopa nesa mesma situación”.

 

Por iso entenden que desde a empresa promóvese “a existencia de fendas de xénero”. Unha situación que aseguran que se vén producindo desde hai anos. A estas cuestións discriminatorias engaden o exceso de carga de traballo.



x