CONCENTRACIÓN NA CORUÑA

Traballadores de Alcoa protestan para garantir o mantemento do emprego

Traballadores de Alcoa protestan para garantir o mantemento do emprego
Imaxe da protesta dos traballadores de Alcoa esta quinta feira na Coruña. Foto: @amarinha_
Imaxe da protesta dos traballadores de Alcoa esta quinta feira na Coruña. Foto: @amarinha_  

As mobilizacións en defensa do emprego na planta de Alcoa na Coruña continúan. “Contra o peche e en demanda dunha solución enerxética”, era a palabra da orde da pancarta dos traballadores que esta quinta feira se concentraron perante a Delegación do Goberno na Coruña.
 


Os operarios esixen unha solución ao Goberno central que garanta os seus postos de traballo. O Executivo de Sánchez asinou un preacordo con Alcoa segundo o que as partes se comprometen a buscar un investidor antes do 1 de xullo. O presidente do comité de empresa da factoría da Coruña asegurou que, para que apareza un investidor, “debe regularse antes o estatuto para as empresas electrointensivas”.

Á protesta laboral asistiron traballadores asturianos de Alcoa -a outra planta ameazada de peche está en Avilés- e representantes de Ferroatlántica. As consignas pediron a dimisión da ministra -“se non hai solución, Maroto dimisión”- e a nacionalización da emptresa: “A solución, a intervención”.



x