Traballadores de Poligal féchanse no Igape

Traballadores de Poligal féchanse no Igape
Imaxe: CIG
Imaxe: CIG  

Exixen solucións. Este sábado finaliza o período de consultas do ERE.


Traballadores e traballadoras de Poligal iniciaron esta quinta feira un feche na sede do Igape, Instituto galego de promición económica, para exixir solucións que garantan a continuidade de actividade e emprego nesta factoría naronesa. Este sábado finaliza o período de consultas do expediente de regulación de emprego (ERE).

A finais de febreiro o grupo Peralada anunciaba a intención de pechar a fábrica naronesa da empresa Poligal, dedicada á produción de plástico, fundamentalmente para o sector da alimentación. O holding catalán envía ao paro aos 108 traballadores que conforman o seu persoal, cuxa media de idade se sitúa en torno aos 50 anos.

Desde entón, o persoal realizou mobilizacións e accións na defensa da actividade e o emprego. "A planta de Narón é viábel e ten futuro", reiteraron nestes meses. Consideran fraudulento o concurso de acredores e denuncian que decisión empresarial responde a unha deslocalización da produción a outras plantas do grupo para abaratar custes.