Transportistas das Pontes cortan os accesos ao porto exterior de Ferrol

Transportistas das Pontes cortan os accesos ao porto exterior de Ferrol
Barricada nos accesos ao porto exterior de Ferrol (Europa Press)
Barricada nos accesos ao porto exterior de Ferrol (Europa Press)  
As transportistas formaron barricadas nas glorietas de acceso a porto exterior de Caneliñas a primeira hora da mañá.

Os e as transportistas que moven o carbón da central térmica das Pontes cortaron esta segunda feira o tráfico nas inmediacións do porto exterior ferrolán de Caneliñas, formando dúas barricadas con pneumáticos en chamas, unha por sentido, na glorieta que dá acceso ás instalacións. 

Até o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional e da Policía Local de Ferrol, que foi a encargada de indicar os itinerarios alternativos. 

A protesta das traballadoras prodúcese apenas uns días despois de que Endesa dese a coñecer a súa intención de cesar a produción con carbón no ano 2022, e o mesmo día no que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ten previsto reunirse co grupo de traballo por unha transición xusta, formado por partidos políticos con representación no Concello das Pontes, sindicatos, comité de empresa, empresarios, comerciantes e transportistas do carbón.