O Tribunal Supremo anula os despedimentos dos docentes interinos durante o verán

O Tribunal Supremo anula os despedimentos dos docentes interinos durante o verán

Vulnera o principio de non discriminación.


O Tribunal Supremo considera ilegal despedir o profesorado interino non universitario durante os meses de verán. A sala do Contencioso-Administrativo  considera que a práctica de despedilos en xuño e volver contratalos en setembro cando volven iniciar as aulas é “discriminatorio” e vulnera a normativa da Unión Europea en materia laboral.

O Supremo estima así o recurso de casación formulado por un colectivo de interinos murciano e de 74 profesores e profesoras contra una sentenza que avalou a decisión do goberno de Murcia que daba cobertura a eses despedimentos.

O recurso alegaba que había un trato diferente e arbitrario entre funcionarios interinos e de carreira, posto que perante un mesmo traballo –curso escolar- uns non cobran as retribucións correspondentes aos meses de xullo e agosto,  mais outros si.

A sentenza explica que a desigualdade de trato neste proceso “non está xustificada por razón obxectivas” e engade que as consideracións “de índole orzamentaria” non poden xustificar a aplicación dunha normativa  "que conduce a unha diferenza de trato en detrimento dos traballadores con contrato de duración determinada".



x