O TSXG admite a demanda da CIG contra o Acordo de concertación do emprego público de Galiza

O TSXG admite a demanda da CIG contra o Acordo de concertación do emprego público de Galiza
San Caetano, sé da Xunta
San Caetano, sé da Xunta  SG

A central non asinou o documento por ser "inxusto, desigual, insuficiente e discriminatorio".


O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admite a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado pola CIG contra a Orde do acordo de concertación do Emprego Público de Galiza pactado pola Consellería de Facenda e os sindicatos CCOO e UGT.

Zeltia Burgos, secretaria do sector de Autonómica da CIG-Administración, considera que agora comeza a loita xudicial “para a salvagarda dos dereitos do persoal e así dar solución ás inxustizas deste mal acordo”.  Afirma que este pacto é unha transposición do acordo asinado previamente en Madrid "que non introduce ningunha mellora ".

A secretaria da CIG-Autonómica critica tamén que este acordo vincula a suba salarial ao PIB e non permite recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos dez anos.

En canto e á carreira profesional, Burgos denuncia que, tal e como está formulada, xerará grandes diferenzas retributivas entre traballadoras, deixa fóra a unha parte do persoal e ademais está concibida como unha chantaxe para que o persoal laboral fixo se funcionarice.



x