UGT acusa de “chantaxe e coacción” o dono de Sargadelos

UGT acusa de “chantaxe e coacción” o dono de Sargadelos

A dirección de Sargadelos anunciou a pasada sexta feira 49 despedimentos na súa fábrica de Cervo e ameazou con fechar a planta se non cesa o que o seu conselleiro delegado denomina “presión sindical”. O histórico grupo cerámico saíra en 2016 dun concurso de acredores que el mesmo solicitara dous anos antes, mais xa volve estar nun conflito que acaba nos xulgados.

Desde UGT ultimaron unha demanda perante o que consideran que é “chantaxe e coacción” da empresa aos traballadores e traballadoras. Unha demanda de tutela de dereitos fundamentais, que abrangue a paralización inmediata dos despedimentos. Segismundo García, administrador único,  é sinalado polo sindicato por ligar a marcha atrás nos despedimentos a que o cadro de persoal se posicione Rogelia M.P, delegada de persoal e expresidenta do comité á que argadelos tivo que admitir por orde xudicial.

Mentres, Xunta limítase a amosar a súa “preocupación” por todo o que está a suceder.



x