"Obrigáronme baixo presión a asinar que cobraba igual que calquera suízo e que traballaba menos horas"

"Obrigáronme baixo presión a asinar que cobraba igual que calquera suízo e que traballaba menos horas"
[Imaxes Steffen Schmidt / Keystone]
[Imaxes Steffen Schmidt / Keystone]  

Un dos operarios que manteñen o paro na obra de Zara en Bahnhofstrasse (Zurich) explica como o obrigaron a asinar un contrato por un salario superior aos que realmente perciben os traballadores. 


Juan Carlos é un dos 52 operarios que traballan na obra de remodelación da sede central de Zara en Bahnhofstrasse (Zurich). Desde o 24 de febreiro o sindicato Unia e os traballadores teñen paralizada a construción froito das condicións de explotación en que se atopan os obreiros. 

Nun vídeo difundido pola central sindical e ao que tivo acceso Sermos Galiza, un dos operarios, Juan Carlos, narra cales foron as condicións de traballo en que foron contratados. "Cando asinei o contrato aquí en España xa me aconsellaron que se ía algún dun sindicato ou calquera controlador pola obra, que dixera que cobraba igual que calquera suízo" [reférese ao contrato asinado con Incoga norte (empresa subcontratada por Goainvest, filial de Inditex) ambas as dúas con domicilio social en Arteixo]. 

"Algún día entrabamos ás 06.00h da mañá e saiamos ás 21.00h da tarde"

De acordo coa lexislación suíza, os traballadores estranxeiros que desenvolvan a súa actividade en Suíza --sexan ou non contratados por empresas do país-- deben ser contratados de acordo co convenio colectivo suízo. Esta medida, que non rexe na Unión Europea, visa impedir que os salarios [email protected] suí[email protected] se vexan mermados e a súa infracción constitúe un delito de dumping salarial. 

Após chegar a Zurich, explica Juan Carlos, "obrigáronme baixo presión a asinar que estaba cobrando igual que calquera suízo e que traballaba bastantes menos horas das que realmente traballaba", sinala. Neste senso, os operarios da obra de Zara en Bahnhofstrasse tiñan xornadas laborais dunhas "60 horas" á semana "ou máis", matiza Juan Carlos. E é que "algún día entrábamos ás 6 da mañá e saiamos ás 9 da noite", acrecenta. 

Porén, amais dunha xornada de traballo que excede o legal permitido, os traballadores percibían un salario notabelmente inferior ao fixado polo convenio do sector en Suíza. Juan Carlos recoñece un salario de "900 euros", isto é, 1.091,34 francos suízos que non supoñen nen a metade dos 4.000 francos estipulados pola lexislación. 



x