UXT deixa o comité de greve da Xustiza

UXT deixa o comité de greve da Xustiza

UXT ratificou esta cuarta feira que deixa o comité de greve da Xustiza. A greve está suspendida mais non desconvocado. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi quen informou este paso de UXt aos xornalistas  antes dun acto na EGAP.

 

No escrito, ao que tivo acceso Europa Press, UGT fala de “inseguridade xurídica” creada por catro centrais sindicais (USO, CUT, CIG e STAJ) ao comunicar por escrito a suspensión da greve motiva que marchen do comité.

 

Na xuntanza desta terza feira, o goberno galego decidiu dar aos sindicatos de xustiza até a sexta feira de prazo para que se adscriban á súa última oferta ou, pola contra, os representantes da administración veranse "liberados de compromisos e dos ofrecementos que se fixeron" e os órganos administrativos tomarán unha decisión para pechar o conflito.



x