GREVE DE ELABORADOS DO MAR

Varias mulleres feridas nas cargas policiais contra piquetes no porto de Marín

Varias mulleres feridas nas cargas policiais contra piquetes no porto de Marín
Imaxe: CIG
Imaxe: CIG  

Dúas delas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario. VÍDEO NO INTERIOR.


Dúas mulleres trasladadas ao hospital e varias contunsionadas é o resultado das cargas que na madrugada desta cuarta feira protagonizou a policía española no porto de Marín contra un piquete de traballadoras ao pé da empresa Cabomar e no marco da terceira xornada de greve no sector de elaborados do mar.

A través das redes sociais, os diferentes sindicatos xa mostraron a súa crítica á acción policial. “Carga contra mulleres indefensas”, denuncia CCOO; “A patronal acode á represión para tentar deter a loita por un convenio digno: non o conseguirá!”, sinala CIG, sindicato maioritario.

Esta terceira xornada está a ter un seguimento importante, que se suma ao das dúas anteriores. Unha das demandas principais é a do aumento salarial, xa que desde 2010 perderon poder adquisitivo ao non acadaren sequera o incremento do IPC, empobrecendo unhas nóminas propias de “man de obra barata”, denunciou a CIG.

No tocante á recuperación de dereitos esixen limitar o traballo temporal e evitar a implantación de novas fórmulas abusivas como empresas multiservizos ou falsas cooperativas. Denuncian casos de centros de traballo nos que hai tres veces máis traballadores de ETT que contratados pola empresa principal, ou industrias onde operan até tres ETTs diferentes.



x