Vinte días de greve no transporte de residuos de Sogama

Vinte días de greve no transporte de residuos de Sogama
Imaxe Natalia Porca
Imaxe Natalia Porca  

Os traballadores da subcontrata que realiza este servizo, Pacholo SL, concentráronse diante do Parlamento. A greve será ininterrumpida desde o 23 deste mes até o 11 de xaneiro.


Os traballadores de Pacholo SL farán unha greve ininterrumpida desde o 23 de decembro ao 11 de xaneiro. Esta empresa é a subcontrata encarregada de transportar os residuos sólidos urbanos entre as plantas de transferencia e as instalacións de Sogama e o vertedoiro de Areosa. O protesto está convocado polo sindicato maioritario, CIG. As demandas son, entre outras, que o cadro de persoal sexa fixo e que se garantan e respeten unhas mínimas condicións de saúde laboral, algo de especial importancia posto que os traballadores “están en contacto permanente con riscos bacteriolóxicos e por realizar un transporte especial por estrada”.

A UTE formada por Copasa, Renfe e Logirail foi adxudicataria deste servizo no concurso de Sogama. Subcontratárono a Pacholo SL o transporte por estrada destes residuos sólidos. “É un exemplo de como as subcontratas supoñen máis miseria e peores condicións de traballo para os traballadores”, afirman desde a central nacionalista. 

Caixa de resistencia

Dado que a previsión de duración da folga é de 20 días, desde a sección sindical da CIG indican que xa se adoptaron medidas para poder apoiar economicamente os traballadores. Por iso, “os cartos que lle corresponden aos traballadores afiliados ao sindicato, da caixa de resistencia, vanse pór ao dispor de todos os traballadores que participen na folga para que a poidan soportar”.