Alberte Mera
Alberte Mera
Secretario xeral de Galiza Nova

OPINIÓN

Unión Europea: Ruína da mocidade galega!

Non é nada doado ser [email protected] na Galiza. Vemos día a día truncadas as posibilidades de vivir, estudar e traballar na nosa terra. As medidas desa mafia de poderes económicos chamada Troika coa complicidade do Estado Español está a desterrar todos os dereitos e liberdades que con suor e sangue teñen conquistado as xeracións que nos precederon. 

OPINIÓN

20F Tomemos a rúa!

As rúas da Galiza volverán encherse de berros e ilusións de milleiros de mozas e mozos que este 20 de febreiro tomarán as vilas e cidades do noso país contra a lei da wertgoña e os ataques cos que o PP condena ao ensino galego á miseria máis absoluta. As políticas nefastas do PP xa nos teñen acostumados a retrotraernos ao pasado a través desa máquina do tempo que o Partido Popular é quen de facer funcionar á perfección e cuxa única parada leva por data a do 18 de xullo do 36. 

OPINIÓN

Escravitude e emigración? Non, grazas

Non fai falla tirar de moitos datos para coñecer un dos dramas máis agudos da realidade galega, basta con saír á rúa e abrir os ollos para comprender que o noso país está a sufrir unha auténtica sangría poboacional.