Lingua
Mallar [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Mallar [por Henrique Harguindey]

Mallar é, primitivamente, bater cun instrumento agrícola chamado mallo para separar o gran da palla nos cereais despois da colleita. Ese labor, en tempos efectuado manualmente na eira e hoxe por aparatos mecánicos, é a malla.

 

Cousas e lousas [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Cousas e lousas [por Henrique Harguindey]

Hai cousas que mesmo parecen lousas. Velaí unha frase feita que recollía Federico Zamora no seu útil libro Refráns e ditos populares galegos  (Galaxia, 1972). Esa recadádiva presenta, con todo, unha eiva: non explica o sentido...

“Pensei que este tipo de xente xa non existía”
Adela Figueroa, a denunciante das funcionarias galegófobas

“Pensei que este tipo de xente xa non existía”

Tivo que soportar como dúas funcionarias públicas da Xunta se negaban a atendela en galego, con respostas como ““Yo solo hablo castellano, no me da la gana de hablar en gallego” ou enxalzaban o franquismo diante súa. Adela Figueroa recoñece que non é a primeira vez que ten problemas nunha administración por pedir, como lle garante a lei, o dereito a ser atendida en galego.

Arganas [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Arganas [por Henrique Harguindey]

Citabamos esoutro día a frase galega Facer dunha aresta un palleiro, é dicir ‘facer dun asunto miúdo un problema enorme’. Os portugueses teñen unha frase equivalente en Fazer de um argueiro um cavaleiro. Como...

De segunda a sexta feira, na feira de Padrón
Presentación da campaña

De segunda a sexta feira, na feira de Padrón

O ‘mercado’ dos domingos na vila do Sar acolleu a presentación pública da campaña impulsada pola Mesa, Agal e Vía Galego para promover os nomes tradicionais  dos días da semana .

Aresta [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Aresta [por Henrique Harguindey]

Aínda podemos escoitar en galego palabras como aresta, argana, argueiro ou aruxo que normalmente son infrecuentes e adoitan ser substituídas por outras palabras sinónimas, do mesmo significado. Debido á rareza do seu emprego son...

A Mesa creará un foro de empresas para impulsar o galego
Dentro do proxecto Abertos ao galego

A Mesa creará un foro de empresas para impulsar o galego

Marcos Maceira, presidente da Mesa, e Celia Armas, responsábel do proxecto Abertos ao galego, veñen de manter unha reunión con algunhas das entidades que integran da iniciativa para afondar no compromiso de normalizar a lingua.

Raxo [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Raxo [por Henrique Harguindey]

Ben sabemos que o galego procede do latín: a súa fonética, a súa morfoloxía, o seu léxico e a súa sintaxe condicionaron os nosos. As nosas palabras son evolución das latinas (clásicas, é dicir antigas, ou...

Asinar un contrato en galego cun banco aínda é case unha utopía

Asinar un contrato en galego cun banco aínda é case unha utopía

“Durante la duración del contrato nos comunicaremos con usted en castellano”. Así reza o “régimen lingüístico” dunha cláusula dun contrato tipo de Abanca, denunciado pola Mesa e polo que pide explicacións a Xunta. En declaracións a Sermos, a filial de Banesco defende o “seu compromiso coa normalización” pero admite que, por exemplo, non é posíbel abrir unha conta corrente en galego. Analizamos se a aposta no idioma propio neste e outros bancos vai máis alá da publicidade, ou é pura mercadotecnia. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 263.

Madia leva! [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Madia leva! [por Henrique Harguindey]

Madia leva, ou Madia che leva. Ou tamén Madia levas, madia ten e outras variantes. E mesmo co acento no i: Madía. Velaí unha construción ben galega e ben polivalente. E ben misteriosa canto á súa orixe. Imos só poñer...

Nin eira nin beira [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Nin eira nin beira [por Henrique Harguindey]

Unha bonita locución moi empregada en Portugal e o Brasil caracteriza certeiramente a persoa que está nunha pobreza extrema dicindo que não tem eira nem beira. Normalmente incorpórase á frase unha pequena prolongación:...

Lume [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Lume [por Henrique Harguindey]

A produción e o control do lume foi unha das máis gandes conquistas da humanidade. A partir dese momento puido cociñar e comer quente, combater o frío, protexerse ante ataques de depredadores e realizar outros labores esenciais na vida das...

Castelos no ar [por Henrique Harguindey]
Como dicilo?

Castelos no ar [por Henrique Harguindey]

Din os portugueses Fazer castelos no ar, para, sen base ningunha, sen alicerces, levantar algo que axiña se pode derrubar doadamente como cartas en pé. É como construír na area. Máis que fabricar algo consistente pois é tecer...

Se non te abrigas, logo non digas...[por Isidro Novo]
PALABRAS CON MEMORIA

Se non te abrigas, logo non digas...[por Isidro Novo]

Cachorreira.- Dise que ten cachorreira a persoa que ten catarro e non lle para de pingar o nariz. Mormeira.

Lugar de escoita.- Cuntis (Pontevedra)

Fonte.- Andrés Lombardía C.

Outros apuntamentos.- Sinala a fonte a posibilidade de...

Area [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Area [por Henrique Harguindey]

A area é un conxunto de partículas de orixe mineral, aínda que tamén pode referirse a unha partícula ou a algunhas por separado. E en sentido figurado, falamos de unha area ou unhas areas  para partículas...

Regañar [por Henrique Harguindey]
COMO DICILO?

Regañar [por Henrique Harguindey]

En galego o verbo regañar é sinónimo de ‘fender, lañar, abrirse en regañas’ (A parede regañou/ Coa seca a terra estaba toda regañada, etc.). Non ten na nosa lingua o significado que é...

“Moitos avós e moitas avoas son 'reintegratas' e non o saben”
Xosé Manuel Sánchez Rei

“Moitos avós e moitas avoas son 'reintegratas' e non o saben”

Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX (Laiovento) é a obra que vén de publicar Xosé Manuel Sánchez Rei (A Coruña, 1973). Profesor titular na Universidade da Coruña na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa, o seu campo de estudo é, fundamentalmente, a gramática da lingua galega actual e a linguaxe literaria contemporánea. Entrevistámolo no número 278 de Sermos Galiza. Eis un extracto.

Do poleiro, por Henrique Harguindey
Como dicilo?

Do poleiro, por Henrique Harguindey

Pitas e galos, polos e pitos.

 

A galiña (ou pita), tras ser fertilizada polo galo, pón ovos durante algúns días e despois chócaos, incúbaos, nacendo delas os pitos, as crías.  Estas, ao medraren...

El Corte Inglés despreza un cliente por lle falar galego
A Mesa denuncia a “cativa lexislación” que ampara o uso da lingua

El Corte Inglés despreza un cliente por lle falar galego

Nin sequera no ámbito do consumo, e da beira do cliente, están garantidos os dereitos dos e das galegofalantes. Comprobouno en carne propia un cliente dos grandes almacéns El Corte Inglés cando o pasado 27 de decembro chamou á grande superficie de Santiago de Compostela para preguntar polo seu horario comercial. “Hábleme español!” foi a resposta do servizo de atención ao público do centro.
 

Palabras con Memoria

Supoñamos que estamos en inverno, de Isidro Novo

ben deitar de.- Expresión que co verbo conxugado é case sinónimo de “menos mal que”. Exemplo: “Co frío que facía, ben deitei de traer abrigo”.

Lugar de escoita.- Mariña luguesa.

...
Como dicilo?

Contos, por Henrique Harguindey

Os contos dos que falabamos esoutro día son relatos, en xeral ficticios aínda que poidan basearse en sucesos reais ou con visos de ser certos. Poden transmitirse oralmente ou por escrito e coñecermos nós ou non o nome do seu autor, o que nos...